MOSTRA BIBLIOGRÁFICA: Parellas de baile
Nunha zona destacada da
biblioteca, exponse unha escolma da bibliografía máis destacada do fondo
que trata sobre a música, dende libros musicais ata libros nos que a
música ten gran relevancia dentro do relato ou marca a existencia dos
protagonistas.
Estas obras están a disposición das persoas usuarias da biblioteca en
consulta en sala e dispoñibles así mesmo para o servizo de préstamo.
Do 1 ao 30 de xuño
Horario de apertura da biblioteca
Para: Para público xeral, todas aquelas persoas que se acheguen á biblioteca.
|
|
|
CLUB DE LECTURA: De outubro a xuño
O club de lectura é un
grupo de persoas afeccionadas á lectura que se reúne dúas veces ao mes
na biblioteca para comentar e valorar un libro proporcionado pola propia
biblioteca coa axuda da coordinadora Marila Ruíz. O club está concibido
para todas aquelas persoas con inquedanzas culturais, ganas de ler e de
intercambiar ideas e opinións.
Xoves, 04 e 18 de xuño ás 19.30 h
Para: Participantes do club.
|
|
|
A HORA DOS CONTOS
A hora dos
contos é un proxecto de animación á lectura onde presentamos diferentes
contos e unha serie de actividades ao redor dunha temática concreta,
todo encamiñado a fomentar entre o público máis pequeno o gusto polos
libros e a lectura.
Xoves, 11 de xuño ás 18.00 h
Para: Público infantil de 3 a 10 anos.
Aforo limitado
|
|
|
AS TARDES DO ROQUE
PREVIA INSCRICIÓN*
ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN
O Roque, un simpático personaxe veciño do Calvario visita a
biblioteca xunto con Andrea e Óscar para compartir con nós fantásticas
historias, divertidas cancións e estupendos xogos.
Venres, 12 de xuño ás 18.00 h
Para: Público infantil de 3 a 10 anos.
|
|
|
ENTRE ARROLOS E CONTIÑOS
PREVIA INSCRICIÓN* 01 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Un venres ao mes grazas a Bea e a David os bebés comparten coa
familia un momento de pracer, lonxe do ruído e os quefaceres cotiáns,
espertando xa nos seus primeiros anos de vida un interese pola
literatura e a tradición oral a través de contos, cancións e pequenos
xogos.
Actividade dentro do programa LER CONTA MOITO
Venres, 19 de xuño ás 18.00 h
Para: Público infantil de 12 meses a 3 anos.
|
|
... E TAMÉN Lembrade que o
16 de xuño abre o prazo de inscrición para:
OBRADOIRO: de robótica
PREVIA INSCRICIÓN* 16 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Construción e programación de pequenos robots de Lego Robotix que conectándoos ao ordenador poden facer pequenas accións.
Con eses autómatas introduciremos aos rapaces no mundo da robótica,
combinándoo con outras actividades como a creación das nosas propias
historias protagonizadas polas personaxes que deseñemos.
Martes a venres, 7, 8, 9 e 10 de xullo
Horario de 11.00 a 12.30 h
Para: Público infantil maior de 10 anos.
|
|
OBRADOIRO: de papel mármore
PREVIA INSCRICIÓN* 16 DE XUÑO ÁS 10.30 H ABRE O PRAZO DE INSCRICIÓN
Esta técnica consiste en reproducir debuxos facendo flotar as cores en suspensión sobre unha disolución acuosa.
Os papeis mármore empregarémolos despois como soporte para facer tacos de notas, caligrafía, cadernos ...
Martes e mércores, 4 e 5 de agosto
Horario de 11.00 a 13.00 h
Para: Público infantil maior de 8 anos.
|
|
Inscrición:
*A xente interesada en participar nas actividades que
precisen "previa inscrición" poden formalizar a súa inscrición a partir
das 10.30 horas do día que comeza o prazo (se cadra en domingo ou
festivo o prazo comezará o día seguinte laboral, sempre en horario de
biblioteca. Lembrade que o luns non abrimos pola mañá). A inscrición
pode facerse de forma presencial na biblioteca, mandando un correo
electrónico a bpneiravilas@vigo.org
indicando os seus datos (nome e apelidos, idade, teléfono e correo
electrónico) ou ben a través do teléfono 986 267 759. As actividades son
gratuítas e as prazas cóbrense por orde de inscrición.
Estade atentos ao próximo newsletter e ao blog,
facebook e twitter da biblioteca, onde poderedes atopar máis información
das actividades.
Séguenos
Horario:
Mañás: de martes a sábado de 10.30 a 14.00h
Tardes: de luns a venres de 17.00 a 20.30h
Do 15 de xuño ao 15 de setembro
Apertura de tarde ás 18.00h
EbookVigo
Poderá consultar o catálogo completo de eBookVigo no enderezo:
www.ebookvigo.org
|
|